Cargando resultados...
España apoiará limitar o prezo das importacións de petróleo ruso

G24.gal
27/06/2022 15:05
España apoiará limitar o prezo das importacións de petróleo ruso tal e como pide o G7. Anunciouno a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico á entrada do Consello de Ministros de Enerxía da UE en Luxemburgo.
Teresa Ribera tamén manifestou o interese do Goberno español no imposto de Italia aos beneficios caídos do ceo das grandes compañías enerxéticas. Italia quere subir o gravame do 10 % actual ata o 25 % para financiar axudas directas ás familias.