Publicador de contidos

Publicador de contidos

España, o país europeo onde máis medraron as vendas de coches no 2024

España, o país europeo onde máis medraron as vendas de coches no 2024

No mes de decembro as vendas incrementáronse case nun 30 %

Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo da Xunta de Galicia para solicitar axudas para vehículos eléctricos

G24.gal 22/01/2025 19:10

España é o único gran mercado dos 27 onde medraron as vendas de coches o ano pasado. En concreto, un 7,1 %, que contrasta coas caídas de Francia, Alemaña, Bélxica ou Suecia. De feito, o país nórdico rexistrou un retroceso do 7 %.

No caso galego, no 2024, rexistráronse máis de 27.000 matriculacións, o que representa un crecemento de case o 12 % en comparación co ano anterior, moi por riba tamén da media nacional.

Os eléctricos aínda non convencen completamente e mantéñense como terceira opción máis popular na Unión, mesmo tamén con caídas nas vendas de case un 6 % o ano pasado.

Axudas da Xunta para vehículos eléctricos

Desde este mércores e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo da Xunta de Galicia para solicitar axudas para este tipo de vehículos eficientes. A contía das subvencións oscila entre os 3.000 e 4.000 euros, e para acceder a elas é imprescindible acreditar a baixa definitiva dun vehículo cunha antigüidade mínima de dez anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos