Publicador de contidos

Publicador de contidos

España propón que a UE levante as sancións a Venezuela

España propón que a UE levante as sancións a Venezuela

Albares dixo que o xefe da diplomacia europea Josep Borrell é partidario de abordar a cuestión nunha próxima reunión de ministros de Exteriores da UE

G24.gal 23/10/2023 19:22 Última actualización 23/10/2023 19:41

O ministro de Exteriores de España José Manuel Albares pediu este luns que a Unión Europea levante as súas sancións a Venezuela. Nunha conferencia de prensa, ao remate da reunión que os ministros de Exteriores celebraron en Luxemburgo, Albares dixo: "É necesario estudar a revisión das sancións da UE a Venezuela, en liña coas recentes decisións dos Estados Unidos e vista a evolución positiva do diálogo entre venezolanos". 

Segundo explicou o ministro Albares, o xefe da diplomacia europea Josep Borrell mostrouse partidario de abordar a cuestión nunha próxima reunión de ministros de Exteriores da UE. De non ser así, as sancións renovaríanse automaticamente o próximo 14 de novembro.

As sancións da Unión afectan, entre outros, á vicepresidenta de Venezuela Delcy Rodríguez. As medidas restritivas consisten na prohibición ás persoas sancionadas de entraren en territorio comunitario e na conxelación dos bens e activos que teñan na UE. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade