Publicador de contidos

Publicador de contidos

España suma 468.100 empregos en 2024 e reduce a taxa de paro ao 10,6 %

España suma 468.100 empregos en 2024 e reduce a taxa de paro ao 10,6 %

Segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística, o desemprego reduciuse en 265.300 persoas durante 2024, ata os 2,59 millóns de parados

Galicia suma 17.400 empregados en 2024 e recurta a taxa de paro ao 8,6 %

G24.gal 28/01/2025 09:00 Última actualización 28/01/2025 17:10

O mercado laboral sumou 468.100 empregos en 2024, ata alcanzar un novo récord con 21,85 millóns de ocupados, mentres que a taxa de paro reduciuse ao 10,6 %, o nivel máis baixo desde o segundo trimestre de 2008, previo ao estalido da crise financeira.

Segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística, o desemprego reduciuse en 265.300 persoas durante 2024, ata os 2,59 millóns de parados. Na comparativa trimestral, o emprego sumou 34.800 ocupados nos últimos meses do ano, mentres que o paro baixou en 158.600, un dos maiores descensos para ese período.

A vicepresidenta e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, celebrou este martes o récord de ocupación confirmado pola Enquisa de Poboación Activa (EPA) -21,8 millóns de ocupados en 2024- e subliñou que se crea emprego de "calidade".

Nunha entrevista en Radiocable, Díaz defendeu que xa "ninguén discute" o impacto que as políticas do Goberno, en especial a reforma laboral, tivo no mercado de traballo, que rexistra agora unha taxa de temporalidade privada inferior á media europea e a taxa de paro máis baixa desde 2008.

Galicia suma 17.400 empregados en 2024 e recorta a taxa de paro ao 8,6 %

O mercado laboral sumou 17.400 empregos en 2024 en Galicia, ata alcanzar 1,15 millóns de ocupados, un 1,53 % máis ca o ano anterior e seis décimas menos que no conxunto de España, mentres que a taxa de paro reduciuse ao 8,6 %, dous puntos menos que no resto do país, que pechou o ano pasado co 10,6 %.

Segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística, o desemprego reduciuse na comunidade en 5.500 persoas durante 2024, un 4,81 %, ata os 109.400 parados. 

Segundo a EPA, o desemprego en España reduciuse en 265.300 persoas durante 2024, un 9,2 %, case o dobre que en Galicia, ata os 2,59 millóns de parados.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, di que Galicia reduce o paro e crea emprego grazas á fortaleza da nosa economía.

"Son unhas cifras moi boas, seguimos creando emprego, segue baixando o paro, segue aumentando a actividade, hai que seguir por aí", manifestou o titular do Executivo galego nun acto celebrado este martes en Poio

Ademais, o presidente da Xunta sinalou o "bo momento" no que se atopa a economía galega:

"Temos as mellores cifras nos últimos 20 anos, case", destacou. "Pero se non traballas isto pode cambiar", insistiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade