Cargando resultados...
Estabilizados os incendios de Larouco tras calcinar máis de 200 hectáreas
Un dos incendios foi causado pola caída dun raio
G24.gal
17/06/2022 17:09
Medio Rural dá por estabilizados os dous incendios que afectan o concello ourensán de Larouco e que calcinaron ao redor de 220 hectáreas.
As lapas comezaron o mércores pola noite tras a treboada que descargou sobre Larouco.
O incendio de Seadur dábase por estabilizado na mañá de onte, pero as altas temperaturas e o vento fixo que se reactivara.