Cargando resultados...
Estado de emerxencia no oeste do Canadá pola vaga de incendios forestais
Miles de persoas evacuadas nas provincias da Columbia Británica e nos Territorios do Noroeste
G24.gal
19/08/2023 13:17
Última actualización 19/08/2023 13:28
O Canadá declarou o estado de emerxencia no oeste do país ante o incrementos dos incendios forestais. Na provincia da Columbia Británica as autoridades ordenaron a evacuación de 15.000 persoas e avisaron a outras 20.000 de que en calquera momento poden ter que desaloxar as súas vivendas.
Este venres estaban activos case 400 incendios na provincia. Nos Territorios do Noroeste xa evacuaron a case 20.000 habitantes polo risco que representan catro incendios.
O Canadá sofre a peor temporada de incendios forestais con máis dun milleiro activos.