Cargando resultados...
Evacuada en helicóptero unha muller mancada cunha motoserra no Rosal
A vítima, duns 30 anos, sufriu un grave corte no brazo esquerdo cando cortaba leña
Foi estabilizada e evacuada o hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal
17/01/2022 20:23
Unha muller resultou ferida esta tarde cando traballaba cunha motoserra no Rosal e tivo que ser evacuada en helicoptero medicalizado con base en Ourense.
A vítima, duns 30 anos, sufriu un grave corte no brazo esquerdo cando cortaba leña na finca familiar en Tabagón. Foi estabilizada no lugar do accidente e evacuada o hospital Álvaro Cunqueiro
O 112 solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Proteción Civil da localidade.