Cargando resultados...
Morre un home de 85 anos en Vigo por un accidente doméstico cunha serra radial
O falecido era veciño da parroquia viguesa de Candeán
G24.gal
25/10/2022 14:13
Conmoción en Candeán pola morte dun veciño ao manipular unha serra radial na súa casa. Un home de 85 anos moi coñecido e querido nesta parroquia viguesa.
Un veciño chamou a policía cando, ao ver a porta da casa aberta, entrou e atopou o home morto no chan. Segundo as primeiras investigacións, puido sufrir un accidente doméstico cando ao traballar coa ferramenta saltou o disco da radial e lle seccionou o pescozo.
O corpo da vítima foi traslado ao hospital Nicolás Peña para facerlle a autopsia, pero, segundo as primeiras investigacións, podería tratarse dun accidente doméstico, xa que non había ningún indicio de que fose un delito violento.