Cargando resultados...
Evacuada unha persoa con queimaduras tras arder unha campá extractora en Teo
Unha muller embarazada foi trasladada ao hospital por posible intoxicación de fume

G24.gal
04/03/2023 10:19
Última actualización 04/03/2023 10:38
Un incendio rexistrado ás dez da noite nunha vivenda situada na urbanización dos Tilos, no concello e Teo (A Coruña), deixa dúas persoas afectadas. A orixe do lume estivo nunha campá extractora. Foron os propios ocupantes os que conseguiron sufocalo, sen que fora precisa a intervención dos equipos de extinción.
Como consecuencia do incendio, un home sufriu queimaduras e foi trasladado a un centro médico. Unha muller embarazada foi conducida ao hospital con síntomas de intoxicación por fume.
A vivenda afectada está situada na rúa do Ameneiro, no concello de Teo.
