Contido con Xeográficas .
Teo

Unha familia de Teo é trasladada ao hospital por unha intoxicación de gas
05/12/2024 09:59
A causa da intoxicación pódese deber a unha mala combustión da caldeira, xa que días atrás sufrira unha avaría

O concello de Teo celebra un pleno infantil
20/11/2024 14:28
Co gallo do Día Mundial da Infancia, o Concello de Teo celebrou un pleno participado por nenos

11 de novembro, San Martiño, o día grande dos magostos
11/11/2024 15:55
En máis de 30 concello é festivo, a maioría están en Ourense que é a provincia con máis tradición de magostos

Unha mostra de fotos nunha ruta dunha aldea de Teo homenaxea os seus mortos
06/11/2024 14:49
60 fotos de veciños da aldea de Penelas, en Teo, penduran entre as árbores para homenaxear os veciños xa finados

En prisión un mozo acusado de case corenta roubos en Ames e Teo
24/10/2024 14:17
Só nas dúas horas previas á detención escachou cun seixo a ventá de vinte coches para roubar no interior
A colaboración cidadá foi determinante para o arresto do presunto autor dunha vaga de roubos durante o último ano

O BNG quere "reforzar a organización" na Asemblea Nacional do 1 de decembro
14/09/2024 13:07
Ana Pontón asegura que van tentar dotar o seu proxecto de "máis potencia" para "conquistar o goberno" de Galicia

Simulacros e demostracións na II Xornada de emerxencias e seguridade de Teo
22/06/2024 14:14
As forzas de seguridade amosan os seus equipos e fan simulacros de intervencións en incidencias e desastres
A xornada está dirixida a todos os públicos, pero sobre todo á cativada

Falece un motorista tras saír da vía en Teo
11/06/2024 13:45
Tras a súa chegada, as urxencias sanitarias trataron de reanimar o motorista, pero só puideron confirmar o seu falecemento

Falecen dous motoristas tras bater contra un vehículo estacionado en Teo
06/06/2024 09:32
A Garda Civil de Tráfico mobilizouse ata o lugar e certificou o falecemento dos dous ocupantes da moto

Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo
12/05/2024 12:33
O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco
Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado

Localizan o corpo sen vida dun veciño de Teo que buscaban dende o venres
27/04/2024 12:58
Perdéuselle a pista nun bar próximo ao río Santa Lucía, en Pontevea, onde apareceu

Queda atrapado entre o tractor e o remolque e sae sorprendentemente ileso
14/03/2024 15:06
José estaba botando esterco nunha leira cando lle embarraron as rodas e o tractor pinou
Mantivo a calma ata que foi rescatado polos efectivos de Emerxencias de Teo e Padrón
Aos seus 75 anos di que vai seguir traballando co tractor porque os novos non o fan

Atopan un cadáver no Ulla que podería ser o veciño de Teo desaparecido hai tres meses
12/03/2024 09:48
O home, de 78 anos, desaparecera o 20 de decembro. Na zona onde atoparon o corpo localizaran naquel momento a súa roupa, as lentes e unha nota manuscrita

Alerta por unha vaga de roubos en locais dos Tilos, no concello de Teo
08/03/2024 14:16
Nas últimas semanas houbo catro asaltos e varios intentos en bares, tendas e locais da urbanización
No Club Os Tilos entraron tres veces e subtraeron 650 euros da caixa rexistradora

Deteñen un coñecido delicuente tras unha persecución de película entre Teo e Ames
16/02/2024 14:32
Foi uns cinco quilómetros, desde Cacheiras ata O Milladoiro, perseguido pola Garda Civil
Despois de bater con outro coche en plena autovía tentou fuxir á carreira
Impútanlle 13 delitos por roubo, falsidade documental e atentado contra seguridade viaria

Investigan un ciberataque no Concello de Teo
30/01/2024 12:11
O Concello de Teo avanzou na recuperación dos seus servizos informáticos tras un ciberataque que se produciu o pasado mércores
Os hackers pediron un rescate tras bloquear a rede interna do municipio teense

Segue a busca do octoxenario desaparecido en Pontevea
26/12/2023 16:47
Este mércores farase unha semana dende que faltou da casa

Mergulladores do GEAS buscan o home de 78 anos desaparecido en Pontevea
21/12/2023 14:18
A busca céntrase na contorna da ponte medieval, onde apareceron roupa e obxectos persoais
Pechouse o encoro de Portodemouros para baixar o caudal do Ulla e ter maior visibilidade

Desaparece un octoxenario da súa casa en Pontevea
20/12/2023 20:16
Encontraron efectos persoais do home, de 80 anos, preto da ponte medieval

Vandalizan con pintura vermella o peto de ánimas de Cacheiras, en Teo
27/10/2023 14:40
Atacárono pola noite e hai unha investigación aberta para dar cos responsables

Deteñen o suposto autor de dous atracos en sucursais bancarias de Teo e Moaña
30/08/2023 09:59
O arrestado, de 50 anos, veciño de Cambados e con antecedentes, foi posto a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión

Atracan unha sucursal de Abanca en Teo
02/08/2023 18:16
O ladrón levou 3.000 euros e portaba unha arma branca

Coñecemos a Blanca, a gañadora de Miss Vaca 2023
13/07/2023 14:28
Ten oito anos, vive en Teo e é a primeira gañadora da comarca de Compostela nas 15 edicións do certame que organiza o programa Luar

Entregan a Cáritas 49 quilos de marisco requisados nun control en Teo
02/07/2023 11:39

Xeados artesáns ecolóxicos, un mercado en alza en Galicia
17/06/2023 15:30
Confírmano o restaurante O Fogar do Santiso e a empresa A Factoría Ecolóxica, os pioneiros en fabricalos en Galicia

Tras dezaseis anos, os populares volven a Teo con maioría absoluta
17/06/2023 14:54
Lucía Calvo conseguiu nove actas de concelleiro, o que lle permitiu facerse co mandato municipal

Un motorista queda ferido tras bater contra un coche en Teo
16/05/2023 11:12
O accidentado é un mozo de 25 anos que foi evacuado a un centro hospitalario

Unha muller e o seu bebé saen ilesos tras arder o seu coche cando circulaban por Teo
06/05/2023 12:53
O vehículo quedou calcinado por completo na travesía de Cacheiras tras incendiárselle o motor

O corpo atopado no río Ulla é o do desaparecido Óscar García Lema
19/04/2023 14:45
As probas determinan que non hai terceiras persoas implicadas no falecemento
Oscar desapareceu o 29 de marzo e dende entón houbo unha gran despregadura de busca

Trece días sen Óscar, e segue a busca
10/04/2023 14:27
A famila fai unha chamada á participación cidadá nos operativos de busca que coordina a garda civil
As batidas saen ás 10:30 e ás 16:30 da igrexa de Santa Eufemia de Oza, en Teo
Óscar García Lema, de 62 anos, faltou da súa casa no lugar de Cepeda o mércores 29 de marzo

Novas batidas para buscar o veciño de Teo desaparecido
10/04/2023 09:56
A busca irase ampliando a novas zonas segundo avancen os días e con batallóns de voluntarios

Chamamento da Garda Civil para participar na busca de Óscar García en Teo
09/04/2023 14:20
O home, de 62 anos, foi visto por ultima vez o 29 de marzo no lugar de Cepeda
O operativo volve rastrexar zonas próximas á vivenda onde xa buscara días atrás

A familia do desaparecido en Teo hai dez días segue a organizar batidas
08/04/2023 18:36
Teñen o convencemento de que non marchou por vontade propia
Óscar García Lema, de 62 anos, mide 1,82 metros e pesa 85 quilos

Hoxe, nova batida na busca do veciño de Teo Óscar García
03/04/2023 08:31

A familia do veciño de Teo desaparecido o mércores pide a colaboración cidadá
01/04/2023 20:39
Óscar García foi visto por última vez hai tres días cando saía da casa en Cepeda
Quedara para comer coa familia en Santiago, a doce quilómetros de distancia
A súa muller está convencida de que non marchou por vontade propia

Continúa a busca de Óscar García, desaparecido en Teo o mércores
31/03/2023 14:19
Deixou na casa as chaves, a carteira, o teléfono e as lentes
A familia cre que non marchou por vontade propia e pide a colaboración cidadá para atopalo

Piden axuda para localizar un home desaparecido no concello coruñés de Teo
30/03/2023 15:52
Óscar García Lema ten 62 anos, mide 1,82, é de complexión delgada e ten pelo cano

Evacuada unha persoa con queimaduras tras arder unha campá extractora en Teo
04/03/2023 10:19
Unha muller embarazada foi trasladada ao hospital por posible intoxicación de fume

Unha avaría tenos en Teo sen Internet nin telefonía fixa desde o ano pasado
21/02/2023 14:20
"O cargo bancario dos 92 euros mensuais non ten fallo, aínda que o servizo ao que corresponde siga interrompido"

Os Xenerais volveron saír de a cabalo nos concellos da comarca da Ulla
19/02/2023 09:51
A tradición dos enfrontamentos verbais ou atranques remóntase ao século XIX