Cargando resultados...
Evacúan o aeroporto de Camberra, en Australia, por un tiroteo
A policía investiga as circunstancias do incidente, en que hai unha persoa detida
Non houbo feridos

G24.gal
14/08/2022 10:53
O aeroporto de Camberra, a capital administrativa de Australia, foi evacuado este domingo despois de varios disparos na sala de facturación da terminal. A policía recibiu o aviso do incidente pasadas as 5:30 horas da mañá (hora galega).
Os axentes detiveron unha persoa e requisáronlle a arma de fogo que levaba. Non se rexistraron feridos, pero son visibles os impactos de bala nalgunha das vidreiras da terminal.
As autoridades evacuaron o aeroporto como medida de precaución. Pedíronlles tamén aos viaxeiros que non fosen ao aeroporto ata que se dese por controlada a situación.
