Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas supera a primeira eliminatoria do Aberto de Australia

Jessica Bouzas supera a primeira eliminatoria do Aberto de Australia

Derrotou en dous sets a británica Sonay Kartal (6-1, 7-6)

A seguinte rival será a número un do mundo Aryna Sabalenka

G24.gal 12/01/2025 10:14

A vilagarciá Jessica Bouzas comezou do mellor xeito o Aberto de Australia. Derrotou en dous sets a británica Sonay Kartal na primeira rolda: 6-1 e 7-6 (7-5). O primeiro set foi magnífico da tenista galega no que lle pasou por riba a unha rival totalmente superada polo xogo de Bouzas.

No segundo o partido equilibrouse un pouco pero tamén con dominio da española que comezou cun 4-1. Chegou a ter 5-3 e servizo para pechar o partido pero Kartal rachouno e encamiñou o segundo set ao tie break. Nunha morte súpeta de máxima igualdade acabou definindo na primeira bola de partido levando a manga por 7-6 (7-5). 

Na segunda eliminatoria terá un rival moi duro, a número un do mundo Aryna Sabalenka que derrotou á estadounidense Stephens. Sabalenka é unha especialista en Australia onde gañou as edicións de 2023 e 2024. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos