Cargando resultados...
Falamos co poeta galego Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven por 'Lixeiro'
En tres anos, dous galegos conseguiu este galardón: en 2020 foi Alba Cid con 'Atlas'
G24.gal
07/10/2022 21:56
Feliz. Así se amosa o poeta Ismael Ramos, quen recibía a noticia no instituto de secundaria onde imparte clases.
O xurado do Premio Nacional de Poesía Joven destaca da súa obra 'Lixeiro' a potencia imaxinativa e defínea como un canto xeracional desde o desencanto reconciliado.
Rompendo coa temática de obras anteriores, en 'Lixeiro' os poemas de Ismael Ramos falan da literatura como parte da vida. Entende que este premio, que outorga o Ministerio de Cultura, axuda a visibilizar as linguas cooficiais así como o valor da poesía galega. E é que tamén unha autora galega, Alba Cid, recibiu esta distinción en 2020 pola súa obra 'Atlas'.