Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galegos que seguen axudando aos afectados pola dina: "Emocionalmente é tamén duro para nós"

Galegos que seguen axudando aos afectados pola dina: "Emocionalmente é tamén duro para nós"

Levan semanas vivindo nunha nave industrial na que almacenan alimentos e material co que axudan ás familias máis afectadas pola dina

Aseguran que teñen a intención de quedar a axudar en Valencia a longo prazo

Dous galegos comparten tarefas solidarias cun rapaz de Asturias

G24.gal 03/01/2025 13:39

Son moitos os voluntarios de toda España que continúan axudando aos afectados pola DINA en Valencia. Entre eles, hai galegos. Falamos con dous deles. Levan semanas axudando a recoller alimentos, mobles e electrodomésticos, para repartilos entre familias que perderon parte das súas pertenzas.

Dous galegos e un asturiano levan semanas axudando a recoller e repartir alimentos en localidades de Valencia afectadas pola dina. Axudan, fisicamente, con material, pero, tamén ofrecen un apoio emocional moi importante.

Pasan o Nadal en Valencia e, contan, teñen a intención de quedar axudando, aquí, a longo prazo. De momento, prestáronlles unha nave industrial na que almacenan os produtos que reparten e, ademais, habilitaron unha zona para vivir.

Coa cabeza no ceo e os pés no barro. É unha tatuaxe que acaban de facer, conxuntamente, estes galegos solidarios que, aseguran, están recibindo, nas zonas máis afectadas pola dina, en Valencia, máis do que ofrecen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade