Contido coa etiqueta .
Dina

Sánchez: "É momento de xestión, non de fotos"
23/01/2025 14:25
Pedro Sánchez volve a Valencia 81 días despois, pero non convida a Mazón nin visita as zonas afectadas
O presidente e dez ministros recibiron 28 alcaldes dos municipios máis afectados e os axentes sociais
Comprometeuse cos rexedores a sufragar ata o cento por cento dos gastos de reparación das infraestruturas municipais arrasadas

Aprobadas axudas para contratar 8.000 persoas en concellos afectados pola DINA
21/01/2025 19:57
O Goberno activa 50 millóns de euros para 78 concellos afectados

O Goberno solicitará o Fondo Europeo de Solidariedade pola DINA nas "próximas horas"
20/01/2025 16:20
O prazo para presentar documentación expira este martes
O ministro evitou avanzar a cantidade global que se solicitará a Bruxelas

Morre un operario que traballaba na limpeza dun edificio afectado pola dina en Benetússer
18/01/2025 16:10
Outra persoa quedou ferida na derruba que se produciu na escaleira dun garaxe
"No fatal desenlace concorreron varias circunstancias, como defectos de orixe na construción da escaleira e a humidade ocasionada pola riada do pasado 29 de outubro", informou o Concello

Feijóo: "Valencia non pode seguir agardando por un Goberno que non está"
09/01/2025 12:59
O presidente do PP recrimina a Sánchez que fora esquiar en Nadal en lugar de visitar os afectados pola dina en Valencia
Mazón di sentirse "apoiado" por Feijóo e carga contra o Goberno: "Chamáronme criminal, asasino e corrupto para ocultar unha corrupción que os afoga"

Cuerpo asegura que a redución da xornada laboral é unha "prioridade" do Goberno
07/01/2025 08:41
O Goberno aboou 1.162 millóns de euros aos afectados pola DINA
Economía calcula que a débeda pública se reduciu ao 102,5 % do PIB en 2024

Unha cabalgata solidaria chega aos concellos afectados pola DINA en Valencia
04/01/2025 20:35
Protagonizada por embaixadores do Reis Magos, encheu de cativos as rúas de Sedaví, Benetússer, Paiporta, Picanya, Massanassa, Alfafar, Catarroja e Albal
Repartiron entre os pequenos 5.000 xoguetes e 4.000 doces para agradecerlles a súa fortaleza ante a adversidade

Soben a 224 as vítimas mortais da DINA tras o falecemento dunha muller ingresada no hospital
03/01/2025 20:33
A nova vítima mortal é unha muller de 79 anos que estaba ingresada no hospital
Mantense en 3 o número de persoas que seguen desaparecidas nove semanas despois da catástrofe

Galegos que seguen axudando aos afectados pola dina: "Emocionalmente é tamén duro para nós"
03/01/2025 13:39
Levan semanas vivindo nunha nave industrial na que almacenan alimentos e material co que axudan ás familias máis afectadas pola dina
Aseguran que teñen a intención de quedar a axudar en Valencia a longo prazo
Dous galegos comparten tarefas solidarias cun rapaz de Asturias

Noitevella triste e solidaria na zona cero da dina
31/12/2024 13:56
Hoxe reabriu o mercado municipal de Paiporta
Unha nova dina afectará o litoral mediterráneo esta tarde

Milleiros de persoas volven pedir a dimisión de Mazón dous meses despois da DINA
29/12/2024 19:31
É a terceira protesta contra a xestión da catástrofe que deixou 223 persoas falecidas
A veciñanza de Valencia homenaxea as vítimas dunha traxedia que afectou 78 concellos

A veciñanza de Valencia lembra as vítimas da DINA dous meses despois da traxedia
29/12/2024 14:53
Foi un acto multitudinario en que se gardou un minuto de silencio polas 223 persoas falecidas
Bautizaron cunha placa a "Ponte da Solidariedade", en agradecemento ao voluntariado que cruzou esa ponte para axudar

Tres persoas continúan desaparecidas en Valencia, dous meses despois da DINA
28/12/2024 13:50
Este domingo haberá unha nova manifestación para esixir a dimisión de Mazón

O rei ofrece esta noite o tradicional discurso de Nadal, tras un ano marcado pola dina
24/12/2024 10:43
Será emitido ás 21:00 horas nos medios audiovisuais e nas redes sociais da Casa Real

O TSX valenciano rexeita as querelas presentadas contra Mazón pola xestión da dina
23/12/2024 12:20
O Alto Tribunal non aprecia indicios “sólidos e fundados" contra o presidente valenciano
Os querelantes poden impulsar a apertura dunha investigación nos xulgados de instrución

Os reis e as fillas visitan por sorpresa Catarroja, unha das vilas afectadas pola DINA
22/12/2024 20:32
Tratouse dunha visita privada da familia real, que sorprendeu os veciños, cos que falaron e fixeron fotografías
A alcaldesa de vila lamenta que só percorreran a zona recuperada, na terceira visita a Valencia dos monarcas despois da chuvia torrencial que deixou 223 mortos

Os municipios valencianos afectados pola DINA logran 2,7 millóns de euros en premios
22/12/2024 14:32
A sorte chegou tamén á administración de lotaría do centro comercial que quedou co aparcadoiro anegado pola DINA en Aldaia

Soben a 223 as vítimas mortais pola dina en Valencia tras identificar o corpo dun cidadán marroquí
20/12/2024 20:35
Os expedientes activos por desaparición descenderon de catro a tres como consecuencia desta identificación

20/12/2024 20:10
A terminación 29 foi a máis pedida, xa que foi o día no que se produciron as inundacións
Os loteiros das localidades afectadas reciben pedidos de toda España

A rifa política pola dina obriga a suspender uns minutos o pleno das Cortes Valencianas
19/12/2024 15:17
Carlos Mazón: "Eu quedei en Paiporta co rei, outros non"
A sesión volveuse tensa polas acusacións mutuas entre o PP e a oposición de PSOE e Compromís, con berros de "Mazón dimisión"

Marlaska acusa o PP de lanzar loiadas para tapar a súa ineficacia ante a dina
18/12/2024 16:58
O ministro do Interior asegura que o Estado "non fallou" e que foi a comunidade a que activou demasiado tarde o sistema de alertas á poboación

O PP dá luz verde á comisión de investigación no Senado sobre a DINA, co apoio do PSOE
18/12/2024 12:55
É a terceira comisión de investigación impulsada polos populares na Cámara Alta, tras a de Koldo e o CIS

Pintan cadros no cole e intercámbianos por libros que enviarán a Valencia
17/12/2024 21:16
Trátase dunha iniciativa das mestras do CEIP Pío XII de Santiago para axudar a reconstruír a biblioteca dun colexio de Algemesí afectado pola dina

A Fiscalía apoia que se investigue a responsabilidade penal de Mazón pola DINA
17/12/2024 17:08
Acumula nunha mesma causa as sete denuncias e querelas interpostas contra o 'president' da Generalitat Valenciana, ao tratar "sobre os mesmos feitos"

Máis de 30 chefs galegos participan na cea solidaria polos afectados da DINA
13/12/2024 21:20
Estaban previstos 200 comensais, pero dada a demanda, houbo que ampliar o número de convidados
As entradas custan 500 euros e o menú consta de 16 aperitivos, 3 pratos e postre

Ascenden a 223 as vítimas da riada en Valencia tras atopar o corpo dun home en Paiporta
12/12/2024 20:57
Co achado deste cadáver son tres as persoas que continúan desaparecidas
O Congreso valida o segundo paquete de axudas a afectados pola DINA, 3.765 millóns
Familiares de falecidos pola DINA entregan máis de 80.000 firmas no Congreso mentres piden xustiza

Familiares de falecidos pola DINA entregan máis de 80.000 firmas no Congreso mentres piden xustiza
12/12/2024 13:06
Denuncian o "abandono" por parte das institucións e agradecen o labor dos voluntarios: "Se non fose por eles, morreriamos todos alí"
"Dannos igual as cores políticas, só queremos xustiza, pedimos que pague quen teña que pagar e que se abra xa unha comisión de investigación", afirma unha das afectadas

As Forzas Armadas atopan un cadáver en Paiporta preto dun vertedoiro
12/12/2024 11:35
Tres homes e unha muller seguen desaparecidos desde o 29 de outubro

Os reis presiden o funeral polas vítimas da DINA na Catedral de Valencia
09/12/2024 20:01
Na parte central do templo seguiron a cerimonia máis de 400 familiares das vítimas
A catedral quedou pequena para acoller a cerimonia convocada polo arcebispo da diocese
.png)
Os reis asisten este luns en Valencia ao funeral polas vítimas da DINA
08/12/2024 20:23
A misa, organizada polo Arcebispado de Valencia en memoria das 222 persoas falecidas comezará ás 19 horas
Esta será a terceira ocasión na que os reis acudirán a Valencia tras a traxedia

Centos de persoas voluntarias volveron esta ponte ás zonas máis afectadas pola DINA
08/12/2024 20:17
En Paiporta, os traballos centráronse na limpeza de rúas e garaxes
Tamén tentan acondicionar o auditorio local da vila

A feira do automóbil de Valencia bate marcas de visitas e vendas
06/12/2024 14:21
A dina deixou preto de 120.000 vehículos danados e a necesidade de repoñelos fai que incremente a demanda

O Goberno abrirá 9 unidades de saúde mental para a atención dos damnificados pola DINA
04/12/2024 13:13
Cada unidade contará 4 profesionais sanitarios e non sanitarios en cada unha, ao que se sumará un psicólogo clínico e un psiquiatra por cada 3 unidades
Pola súa banda, en Letur (Albacete) despregarase unha unidade para brindar atención á poboación afectada
Estarán operativas durante un período mínimo dun ano, coa posibilidade de estenderse o tempo que sexa preciso

Chega a Galicia a demanda de coches dos afectados pola DINA
03/12/2024 16:01
Os concesionarios galegos reciben decenas de consultas dos afectados dende Valencia

Unha marea humana esixe en Valencia a dimisión de Mazón pola xestión da DINA
30/11/2024 20:28
É a segunda manifestación desde o 29 de outubro, un mes despois dos estragos das inundacións
Os lemas máis repetidos entre os participantes na protesta: "Mazón dimisión" e "Mazón a prisión"

Un mes da DINA en Valencia: as claves dun desastre inédito
29/11/2024 09:53
O reconto de perdas humanas e de danos materiais nos eidos ambiental, económico, social, deportivo e cultural dá conta da distancia que queda ata recuperar a normalidade
Resumo da xestión política e do incipiente percorrido xudicial no primeiro mes despois da traxedia

Ábalos reprocha ao Goberno que non declarase a emerxencia nacional para facer fronte á DINA
28/11/2024 19:01
Presenta 26 preguntas para saber aspectos como que despregadura de medios fixo o Executivo ou que información achegaron os diferentes organismos sobre o risco existente de riadas
Ao seu xuízo, con esta decisión o Executivo podería crear un "mando único" e primar a "eficacia" e a "capacidade de resposta"

Nadia Calviño anuncia 400 millóns de euros máis do banco europeo para as pemes afectadas pola DINA
28/11/2024 10:31
A presidenta do Banco Europeo de Investimentos defende na TVG que "cada euro investido en resiliencia climática aforra entre cinco e sete euros en reparacións"
A exministra pon como exemplo de transición verde o investimento do BEI na mellora enerxética do CHUAC

O Goberno aproba un permiso remunerado de catro días por catástrofes
28/11/2024 08:33
Este permiso "climático" e prorrogable vaise incorporar ao Estatuto dos Traballadores e permite ausentarse catro días do posto de traballo
O Consello de Ministros aproba 2.274 millóns de euros para os damnificados pola DINA, entre eles, a axuda a fondo perdido de ata dez mil euros para mercar un vehículo

27/11/2024 08:30
Sánchez amósase disposto a crear unha comisión de investigación no Congreso, na que el mesmo participará, e apunta a Mazón: "Non fallou o estado autonómico, fallaron persoas que non estiveron á altura das súas responsabilidades"
O terceiro paquete de axudas aos afectados será aprobado este xoves nun Consello de Ministros extraordinario, e inclúe axudas directas de ata dez mil euros para a adquisición de vehículos