Cargando resultados...
Falece a muller ferida na explosión dunha vivenda na Illa tras un escape de gas
A muller, de 43 anos, fora trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña

G24.gal
27/06/2024 13:45
A muller, de 43 anos, que quedou ferida na explosión da súa vivenda na Illa de Arousa (Pontevedra) por un escape de gas faleceu.
O suceso produciuse sobre as 14:55 horas do luns nunha vivenda situada na travesía do Castro, número 26. A muller foi trasladada ao hospital público da Coruña (CHUAC), onde permanecía ingresada.
Ademais, na vivenda atopábase o seu fillo, menor de idade, que foi atendido no punto, pero non tivo que se trasladado.
A explosión produciuse por un escape de gas ao acender o quentador e resultaron afectadas unha vivenda de en fronte e outra á beira pola ruptura de xanelas e tellas.