Cargando resultados...
Falece un ciclista en Santa Comba atropelado por unha ambulancia
O suceso ocorreu a primeira hora da tarde

G24.gal
21/12/2023 17:32
Última actualización 21/12/2023 20:25
Un ciclista faleceu esta tarde en Santa Comba mentres circulaba pola AC-546 no lugar de Fontecada. O home foi atropelado por unha ambulancia e perdeu a vida no acto.
🔴#AXEGAInforma do falecemento dun ciclista en #SantaComba tras ser atropelado por unha ambulancia.
— 112Galicia (@112Galicia) December 21, 2023
Interveñen: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Santa Comba, @guardiacivil, axentes da Policía Local e membros de Protección Civil. pic.twitter.com/kKzfQGiQwp