Cargando resultados...
Falece un home afogado no río Miño ao seu paso polas Neves

G24.gal
26/08/2022 20:45
O 112 notificou o falecemento dun home na parroquia de Liñares, no concello das Neves, ao afogar no río Miño ás 19:20 desta tarde. Malia os esforzos na reanimación por parte do equipo médico desprazado, só puideron confirmar o seu pasamento.
🔴#AXEGAInforma dun home que perdeu a vida ao afogarse no río, na parroquia de Liñares, en #AsNeves. Os servizos sanitarios mobilizaron un equipo médico a bordo dun helicóptero, que confirmou o seu falecemento tras realizar as manobras de reanimación. Interveu a @guardiacivil. pic.twitter.com/ffiZmNpwAC
— 112Galicia (@112Galicia) August 26, 2022