Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un operario no Porriño tras ser atropelado polo seu propio camión

Falece un operario no Porriño tras ser atropelado polo seu propio camión

Un compañeiro avisou os servizos de emerxencia, indicando que o condutor do camión fora atropelado polo seu vehículo e estaba atrapado entre este e o cargadoiro

Os feitos tiveron lugar este mércores no Porriño
G24.gal 20/11/2024 19:25 Última actualización 21/11/2024 13:58

Un operario de tansporte de 41 anos faleceu na tarde deste mércores na localidade pontevedresa do Porriño tras ser atropelado polo seu propio camión.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 15:30 horas no lugar da Pereira e foi un compañeiro do home o que avisou aos servizos de emerxencia, indicando que o condutor dun camión fora atropelado polo seu vehículo e estaba atrapado entre este e o cargadoiro.

Así, deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño, a Protección Civil e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Para liberar a vítima, o propio alertador moveu o camión, que perdera o freo e deixara atrapado ao condutor contra o cargadoiro. A pesar de todo, os profesionais sanitarios non puideron salvar a vida do operario.

O operario estaba a facer algún tipo de labor entre a parte traseira do vehículo e a plataforma de carga cando o camión se deslizou sobre o seu corpo. Polo momento, barállase a hipótese de que non estaba botado o freo de man ou que houbo un fallo na mecánica. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade