Falece un traballador en Barreiros tras quedar atrapado entre dous coches
O accidente laboral, que deixou ademais dous feridos, produciuse nunha empresa de despezamento

Un operario dun taller de despezamento faleceu no mediodía deste xoves nun accidente laboral, ao quedar atrapado entre dous coches no lugar das Eiras, en San Cosme de Barreiros (Lugo).
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 13:15 horas deste xoves, cando se recibiu a alerta por un traballador que quedara atrapado entre dous vehículos.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención. Á súa chegada, a vítima, atrapada entre dous vehículos, xa estaba liberada, pero falecera, tal e como certificou o persoal sanitario do 061 acudido na zona.
No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil e foi necesario asistir a outros dous traballadores mancados.