Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un traballador logo de sufrir unha descarga eléctrica dun farol en Laxe

Falece un traballador logo de sufrir unha descarga eléctrica dun farol en Laxe

Os servizos de emerxencias rescataron o cadáver da vítima, que se atopaba na cesta dun guindastre, a uns sete metros de altura

Farol no que se produciu a descarga eléctrica, en Laxe Farol no que se produciu a descarga eléctrica, en Laxe
G24.gal 27/12/2024 13:54 Última actualización 28/12/2024 10:17

Un operario faleceu este venres tras sufrir unha descarga eléctrica que proviña dun farol mentres realizaba labores de mantemento na iluminación da localidade coruñesa de Laxe.

Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 11:40 horas recibiu información de que unha persoa sufrira unha descarga eléctrica dun farol na rúa do Sol.

 

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Laxe.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias efectuaron o rescate da vítima, xa que se atopaba na cesta dun guindastre, a uns sete metros de altura. Con todo, unha vez rescatado, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade