Cargando resultados...
Falece un traballador en Vimianzo ao envorcar o camión que estaba descargando
O home quedou atrapado debaixo da cabina do vehículo

G24.gal
15/12/2023 16:54
Última actualización 15/12/2023 19:36
O suceso ocorreu pasadas as tres da tarde na empresa Siavi, en Vimianzo.
O home descargaba un camión cun contedor. Todo apunta a que a carga se moveu e o vehículo acabou envorcando.
O traballador quedou entón atrapado debaixo da cabina. Os servizos sanitarios trasladados á zona non puideron facer nada pola súa vida.
#AXEGAInforma dun accidente laboral en #Vimianzo.
— 112Galicia (@112Galicia) December 15, 2023
Un operario faleceu ao envorcar un camión que estaba descargando.
Interveñen: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Cee, Policía Local e @guardiacivil pic.twitter.com/UBFyZ4h6mT