Cargando resultados...
Falece un traballador forestal en Cerceda ao caerlle enriba unha árbore
O home tivo tempo de avisar os servizos de emerxencias antes de falecer

G24.gal
24/04/2023 17:08
Última actualización 24/04/2023 21:15
Un traballador forestal faleceu a primeira hora da tarde deste luns ao caerlle enriba unha árbore que estaba cortando.
O accidente ocorreu en Cerceda, na parroquia de Xesteda.
O home foi quen de avisar os servizos de emerxencias antes de falecer. Contou que estaba liberado pero que lle custaba respirar e tiña unha perna rota.
A vítima é veciño do concello de Arzúa.