Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo logra 50.000 avais á súa candidatura para presidir o PP

Feijóo logra 50.000 avais á súa candidatura para presidir o PP

Segundo o seu equipo, é unha cifra de apoios "récord e sen precedentes"

Feijóo fará campaña entre os militantes populares co lema "Preparados"

Núñez Feijóo nun acto do Partido Popular Núñez Feijóo nun acto do Partido Popular
G24.gal 09/03/2022 11:37

O presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, logrou reunir preto de 50.000 avais á súa candidatura para presidir o Partido Popular, unha "cifra récord e sen precedentes", segundo o seu equipo.

Este número de avais supoñen unha exhibición de forza á hora de relevar a Pablo Casado á fronte da formación. "A cifra representa o maior número de apoios previos obtidos por un aspirante para presidir o Partido Popular", sinalan desde a súa candidatura.

Nas anteriores primarias, Casado fora o que máis avais presentara, uns 5.000, mentres que María Dolores de Cospedal tiña algo máis de 3.000, e Soraya Sáenz de Santamaría non revelou a cantidade de apoios cos que contaba.

A través dun comunicado, o equipo de Feijóo revelou, ademais, o lema co que o presidente da Xunta fará campaña entre os seus: "Preparados". "Feijóo está preparado para liderar o PP e o PP está preparado para gobernar España", aseguran.

Núñez Feijóo oficializará esta tarde a súa candidatura, contra as 17:00, na sede nacional do PP en Madrid, onde presentará eses preto de 50.000 avais que o apoian.

O venres Feijóo iniciará en Valencia a campaña ante os afiliados. Ese mesmo día irá tamén a Murcia e o sábado acudirá a Tenerife, para despois viaxar á Palma para acudir á Conferencia de Presidentes. 

Descoñécese aínda cando deixará de compaxinar o liderado do PP e a Xunta. O propio Feijóo dixo que ata maio non o revelaría. Este mércores no Parlamento, onde o BNG volveu solicitar a súa dimisión, expresou que queda un "curto espazo" como presidente autonómico e recalcou que non vai dar "estabilidade ao PP á conta de Galicia", á que definiu como a súa nai e, dixo, "un nunca rexeita á súa nai".

Este mércores péchase o prazo para presentar avais e aínda é unha incógnita se haberá máis listas para presidir o PP, aínda que se descarta unha de peso. O xoves ás 20:00 anunciaranse os nomes dos precandidatos e só unha militante de Valencia, Alexia Herranz, anunciou que daría o paso, para o que necesita presentar cen avais.

Non parece haber dúbidas de que Feijóo chegará ao Congreso do 1 e 2 de abril en Sevilla como candidato único e líder de facto. Pode selo desde este xoves, se non hai máis listas, ou a partir do 21 de marzo, cando votarán os afiliados. Sería candidato único se votan por el máis da metade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade