Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo promete derrogar a Lei da Memoria Democrática na homenaxe a Miguel Ángel Blanco

Feijóo promete derrogar a Lei da Memoria Democrática na homenaxe a Miguel Ángel Blanco

Os populares lembran en Ermua o concelleiro asasinado por ETA hai 25 anos

O expresidente Aznar pide que se elimine da lei calquera pegada de Bidu

G24.gal 09/07/2022 14:35

É a homenaxe do Partido Popular a Miguel Ángel Blanco, concelleiro do partido en Ermua, secuestrado e asasinado por ETA hai vintecinco anos. O daquela presidente do goberno, José María Aznar e o actual presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, acompañaron á irmá, Marimar Blanco, na ofrenda floral ante o retrato do edil e un asento baleiro. 

Despois, ante as novas xeracións do PP, que clausuraban a Escola de verán Miguel Ángel Blanco, o presidente dos populares vascos, agora e tamén hai 25 anos, lembrou o edil asasinado. Dixo que o espírito de Ermua segue vivo e pediulle, á xente nova, que non permitan que se manipule a historia.

"Vós sodes os xograres dixitais deste século XXI que tedes ir aos pobos a contalo",dixo

O expresidente Aznar dixo que Miguel Ángel Blanco é "un referente para o futuro" e pediulle ao actual líder do PP que borre a pegada de Bildu da lei de memoria democrática.

"Derrogaremos a lei da mal chamada memoria democrática e traballarei para conseguir non só os votos do partido popular e outros grupos ,tamén os do próximo partido socialista obreiro español, para restablecer xuntos a memoria e a xustiza", anuncia Feijóo

Pechou a acto a irmá de Miguel Ángel. Marimar, deputada na Asemblea de Madrid, denunciou os intentos por silenciala no acto institucional que se vai celebrar este domingo en Ermua, coa asistencia do Rei e o presidente do goberno.

"Aquí apelo a Pedro Sánchez, a que mañá aquí en Ermua, no polideportivo que leva o nome de meu irmán, sexa valente e rompa con Bildu"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade