Cargando resultados...
Feijóo vai pedir que se poida vacinar antes de que pasen seis meses da segunda dose
O presidente da Xunta reclamará medidas conxuntas se a situación empeora

Gloria Varela-Bodenlle
22/12/2021 15:01
Na Conferencia de presidentes desta tarde, Galicia vai propoñer a volta da máscara obrigatoria en exteriores e máis vacinas para os nenos.
O presidente da Xunta adiantou que tamén vai solicitar que se poda adiantar a antes dos seis meses a subministración da terceira dose, da dose de reforzo da vacina contra a covid.
Alberto Núñez Feijóo pide prudencia ante o que chama as tres semanas de maior risco de contaxio e ante unha variante, a ómicron, que cualifica de explosiva.
No que se refire ás ocupacións dos locais de hostalería Feijoo dixo que dependerá moito da evolución dos contaxios nos distintos territorios.