Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave un condutor no Porriño tras saír da estrada e bater contra un muro

Ferido grave un condutor no Porriño tras saír da estrada e bater contra un muro

Os bombeiros tiveron que liberar o único ocupante do vehículo 

Estado en que quedou o coche accidentado. Garda Civil. Estado en que quedou o coche accidentado. Garda Civil.
G24.gal 18/09/2026 20:58

Un condutor quedou ferido grave este venres tras saír da vía co seu coche no Porriño e chocar contra un muro dunha vivenda e un poste de iluminación.

Segundo os datos achegados polo CIAE 112 e pola Garda Civil, o accidente aconteceu ás 17.30 horas no quilómetro 653 da N-120, á altura de Santo Estevo en Cans.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local do Porriño e dos bombeiros do Porriño, que tiveron que liberar o condutor (e único ocupante), xa que estaba atrapado no interior do coche.

Así mesmo, acudiron ao momento membros de Protección Civil e persoal de mantemento da vía. O condutor ferido foi trasladado ao hospital en ambulancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade