Cargando resultados...
Feridos sete militares da Brilat de Pontevedra nun exercicio que realizaban en León
Os militares foron trasladados ata o hospital de León, onde permanecen estables
G24.gal
24/11/2021 13:21
Sete militares da Brilat de Pontevedra quedaron feridos durante un exercicio de adestramento que realizaban en León.
O accidente produciuse cando o vehículo blindado en que ían caeu por un ribazo e acabou envorcado. Os militares foron trasladados ata o Complexo Asistencial Universitario de León, onde permanecen en situación estable tras seren sometidos a distintas probas médicas.