Cargando resultados...
Feridos tres ciclistas nunha caída múltiple durante unha proba en Cerceda
Foron trasladados a un centro hospitalario de Santiago

G24.gal
13/05/2023 19:15
Última actualización 13/05/2023 19:41
Tres participantes nunha proba ciclista organizada no concello de Ordes quedaron feridos nun accidente ocorrido contra as cinco e media da tarde. Por causas aínda sen determinar, varios membros do pelotón protagonizaron unha caída múltiple á altura de Xesteda, en Cerceda.
Tres dos implicados tiveron que ser trasladados ao hospital da Rosaleda, en Santiago, un cunha conmoción cerebral, outro con dor na zona da clavícula e un terceiro con contusións. A segunda parte da proba puido reiniciarse unha hora despois.