Cargando resultados...
Fin de semana de oposicións no recinto feiral de Silleda
Preto de 4.300 persoas están inscritas para acadar unha das 274 prazas de emprego público de acceso libre da Xunta
As probas son da especialidade de recursos naturais e forestais, da escala técnica de xestión ambiental e da escala superior de orientación laboral A1 e A2
G24.gal
16/11/2024 12:16
Fin de semana de oposicións no recinto feiral de Silleda. Preto de 4.300 persoas están convocadas para acadar unha das 274 prazas de emprego público de acceso libre da Xunta.
Este sábado comezaron os exames para cubrir as 42 prazas da especialidade de recursos naturais e forestais. Pola tarde é a quenda dos aspirantes convocados para cubrir 96 prazas da escala técnica de xestión ambiental.
As probas continuarán o domingo para a escala superior de orientación laboral A1 e A2.