Cargando resultados...
Folga no comercio do metal de Pontevedra pola negociación do convenio
Levan desde 2019 sen subas salariais
G24.gal
19/11/2022 14:03
Última actualización 19/11/2022 14:12
O sector do comercio do metal da provincia de Pontevedra, que aglutina desde empregados de ferraxerías ou de concesionarios ata vendedores de electrodomésticos, irá á folga o vindeiro martes.
Denuncian que a patronal non quere negociar un novo convenio colectivo e que ten conxelada a suba de salarios. Apuntan que a patronal sempre acaba recuando logo de acadar algún acordo.