Funcionarios de prisións denuncian un conato de motín no cárcere da Lama
Tiveron que illar cinco presos para conter a revolta
O sindicato TAMPM denuncia un intento de motín na prisión pontevedresa da Lama. Ocorreu hai uns días, ainda que o desencadeamento parece estar nun intento de agresión perpetrado hai dúas semanas contra un funcionario.
Segundo Julio Díaz, o representante sindical que falou coa Televisión de Galicia, cinco reclusos fixeron un complot e comezaron a estragar a galería que comparten no centro penitenciario e que reúne varios presos perigosos.
"Golpearon fiestras, rompéronas, esnaquizaron as celas e houbo que intervir para illalos porque compartían a mesma zona do centro, en celas contiguas, e reforzábanse uns a outros", explicou Díaz.
Ao parecer, os incidentes producíronse despois de que os reos mesturaran e consumiran a medicación que teñen prescrita. Un deles mesmo chegou a autolesionarse.