Cargando resultados...
Galicia recibe os 224 millóns que lle debía o Estado da liquidación do IVE de 2017
O Goberno aboa un total de 3.000 millóns ás comunidades

G24.gal
31/03/2022 18:54
O Goberno trasfírelles este xoves ás comunidades os tres mil millóns de euros que lles corresponden pola liquidación do IVE de 2017.
En concreto, a Galicia ten que aboarlle 224,6 millóns. Son cartos que Facenda lles debe ás autonomías desde hai cinco anos. Dúas sentenzas do Tribunal Supremo obrigaron o Estado a pagalos.