Galicia sub-14 buscará o pase á final do Campionato de España ante Cataluña
O combinado galego caeu ante Andalucía en foi segunda do seu grupo

O combinado galego sub-14 xa estaba clasificado para a seguinte rolda tralas dúas primeiras vitorias na fase de grupos. Pero no encontro disputado na matinal do domingo no Manolo Barreiro da Xunqueira, en Pontevedra, xogábase o primeiro posto ante Andalucía. A derrota obriga aos rapaces de Jesús López a enfrontarse a Cataluña, primeiro do outro grupo, na semifinal do vindeiro martes.
O Galicia en goles estivo no partido e conversou co técnico e dous xogadores. López analizou a derrota.
"Eran moi bo equipo, teñen nivel individual moi alto. Non saímos ben no 1º tempo pero melloramos no segundo. Eramos dous equipos que queriamos ter o balón, e estivemos incómodos, non atopabamos o noso lugar. Cando xogamos máis directo, xa estivemos mellor. O obxectivo cos rapaces era estar nas semifinais. O que queriamos hoxe era saír con boas sensacións. Creo que podemos competir con calquera equipo, cando menos para poñerllo difícil"