Cargando resultados...
Galicia súmase aos actos en homenaxe da independencia de Ucraína
A Coruña e Vigo desenvolveron concentracións, concertos e outras actividades

G24.gal
24/08/2022 20:57
Galicia tamén se suma aos actos en homenaxe da independencia da Ucraína. Moitos galegos quixeron arroupar os cidadáns ucraínos nunha data tan significativa, a conmemoración do 31 aniversario da súa independencia da Unión Soviética.
A Coruña ou Vigo son algunhas das grandes cidades que desenvolveron concentracións, concertos e outras actividades durante a tarde deste mércores reunindo varios centos de persoas.