Cargando resultados...
Gandeiros e agricultores pídenlle a Calviño que non os culpe do prezo dos alimentos
A petición producíuse nunha nova reunión de todas as partes da cadea alimentaria
G24.gal
29/03/2023 14:22
Agricultores e gandeiros volven mostrar a súa preocupación pola suba dos prezos. Hoxe celebrouse unha nova reunión de todas as partes da cadea alimentaria en que as organizacións agrarias mostraron o seu malestar por unhas declaracións da vicepresidenta Nadia Calviño.
Pedíalles a agricultores e gandeiros que utilicen as axudas que recibiron para rebaixar os custos de produción. As asociacións de produtores piden que non se poña o foco no elo máis baixo da cadea e aseguran que a vicepresidenta descoñece a realidade do campo español.