Cargando resultados...
García-Gallardo chámalle a Sánchez "líder dunha banda criminal"
O PSOE de Castela e León pide o seu cesamento fulminante
García-Gallardo negouse a retirar os insultos contra Pedro Sánchez
G24.gal
26/10/2022 08:00
O Partido Socialista de Castela e León pide o cesamento fulminante do vicepresidente da Xunta Juan García-Gallardo, de Vox.
Durante o pleno de control nas Cortes, García-Gallardo chamoulle "líder de banda criminal" a Pedro Sánchez e ao seu grupo parlamentario. Estas afirmacións non quixo retiralas, inda que finalmente foron eliminadas do diario de sesións polo presidente do Parlamento, tamén de Vox.