Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz: "O traballo do equipo é brutal e cre no que fai"

Gilsanz: "O traballo do equipo é brutal e cre no que fai"

O técnico do Deportivo asegurou este luns que a dirección deportiva do club branco e azul traballa na chegada dun futbolista de ataque

O Deportivo xoga o mércores o partido adiado ante o Tenerife

Foto @RCDeportivo
G24.gal 27/01/2025 13:07 Última actualización 27/01/2025 17:38

Óscar Gilsanz, adestrador do R. C. Deportivo, asegurou este luns que a dirección deportiva do club branquiazul traballa na chegada dun futbolista de ataque neste mercado invernal.

“Esperamos a chegada dun xogador para a zona de arriba”.

"O club está a traballar na posible chegada dalgúns futbolistas, pero a miña obriga é poñer a atención de todo o mundo no partido de Tenerife". 

"Non podo pedir atención aos futbolistas se logo eu non a poño na rolda de prensa. Estou centrado no partido de Tenerife, outra xente traballa para incorporacións”, sinalou.

Gilsanz cre que o primeiro reforzo invernal, o extremo Diego Gómez, quen regresou a Riazor tras xogar a primeira parte da tempada cedido no C. D. Arenteiro de Primeira Federación, achegará “ilusión” á equipo.

Gilsanz está satisfeito co rendemento do equipo.

"O traballo do equipo é brutal, a un ritmo da hostia, e cre no que fai".

"Están centrados no traballo e iso dáme tranquilidade".

O Deportivo xoga o mércores o partido adiado ante o Tenerife.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade