Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Creo que Iago seguirá un ano máis"

Giráldez: "Creo que Iago seguirá un ano máis"

O Celta, a 6 puntos da zona europea, mide as súas aspiracións ante a súa 'besta negra', a Real Sociedade

G24.gal 20/12/2024 15:22 Última actualización 20/12/2024 15:33

O Celta, a 6 puntos da zona europea, mide as súas aspiracións ante a súa 'besta negra', a Real Sociedade, que gañou nas súas últimas seis visitas, tres delas xa co exceltista Brais Méndez como un dos líderes do equipo dirixido por Imanol Alguacil.

"Gustaríame que Brais estivese aquí, sinceramente".

"É un xogador noso, que quere moitísimo a este club, pero os momentos son os momentos e os mercado son os mercados".

Esixido polos seus pobres números a domicilio, ao Celta só lle vale a vitoria para evitar que a permanencia sexa o seu único obxectivo ligueiro de aquí ao final de tempada e achegarse aos postos europeos.

O apagamento de Borja Iglesias, que acumula máis de dous meses sen marcar, e os groseiros erros defensivos castigaron a un equipo que segue dependendo en exceso dun Iago Aspas preto da renovación.

"Creo que seguirá un ano máis pero é decisión de Iago".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade