Javi Gómez Noya: "Sigo pelexando por volver ao nivel de hai un ano"
O seu obxectivo é o Campionato do Mundo Ironman en Niza en setembro

O triatleta galego Javier Gómez Noya, cinco veces campión do mundo e subcampión olímpico en Londres 2012, afirmou que o seu obxectivo é regresar "ao nivel de hai un ano" co obxectivo de chegar con opcións no Campionato do Mundo Ironman en Niza (Francia), que se disputará o próximo 10 de setembro.
Malia levar un ano difícil e ter xa 40 anos, Noya séntese con forzas para continuar como atleta profesional:
"Aínda gozo marcándome obxectivos, levantándome cedo para adestrarme e procurando sempre a mellor versión".
Sobre o seu reto para 2023, teno claro:
"O meu obxectivo é o Campionato do Mundo Ironman en Niza en setembro. Cando deixe o tríatlon continuarei adestrando para seguir gozando co deporte".
Gomez Noya está a formarse como adestrador.