Os incendios que rodean Atenas arrasaron xa ducias de vivendas
As altas temperaturas e o forte ventos dificultan as operacións de extinción

Grecia segue loitando cos grandes incendios declarados preto de Atenas. Os grandes incendios ao oeste da capital grega xa arrasaron miles de hectáreas, decenas de casas e coches.
Miles de persoas xa foron desaloxadas das súas casas. O incendio preto da localidade de Mandra, a 30 quilómetros de Atenas, é o que máis preocupa, xa que continúa descontrolado. Ademais, as altas temperaturas e os fortes ventos dificultan as tarefas de extinción. Deste xeito, o lume tamén ameaza vivendas da localidade costeira de Nea Peramos. O outro incendio ao oeste de Atenas leva tres días ameazando a vila costeira de Lutraki.
Os bombeiros traballan pola noite para evitar que as lapas cheguen a unhas refinerías da zona. Grecia xa está recibindo axuda doutros países, xa que a situación de incendios esténdese por diferentes puntos do país. A primeira axuda vén de parte de Romanía con camións, un avión e máis de 40 efectivos.