Contido coa etiqueta incendio .

Contido coa etiqueta incendio .

Incendio

Aprazado ata marzo o xuízo contra un home acusado de queimar unha vivenda en Paderne co seu fillo no interior

27/01/2025 13:03

A Fiscalía pide para o acusado 13 anos de cadea e a acusación particular, 20 anos

A defensa solicita a libre absolución polo delito de incendio


Restablecido o tráfico ferroviario entre Vigo-Guixar e Porto tras o incendio nun túnel

25/01/2025 20:30

O incendio afectoulle ao teito e ás paredes do túnel e quedou extinguido na noite do sábado

Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou o tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar

Un tren atropela dous xabarís e detén a circulación entre Lugo e Ourense na tarde do sábado


Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán

25/01/2025 18:49

As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé

O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior


Morre unha muller de 89 anos no incendio da súa vivenda no Porriño

24/01/2025 07:58

Os bombeiros puideron rescatar con vida o seu home, que foi trasladado ao hospital

Os policías locais e un veciño, os primeiros en chegar, tentaron entrar na casa, pero había demasiado fume


Novo incendio, chamado Hughes, ao norte do condado dos Ánxeles (Amy Katz/ZUMA Press Wire)

Un novo incendio amenaza Os Ánxeles e fai evacuar miles de persoas

23/01/2025 13:25

A extensión da superficie arrasada por este último incendio sitúase en algo máis de 4.000 hectáreas

O servizo nacional de meteoroloxía emitiu unha alerta vermella na zona advertindo de  vento forte que manterá "niveis críticos" para o sur de California 


Estado en que quedou a casa tras o incendio

Un incendio calcina unha vivenda en Ortigueira e causa a morte de cinco cabras

22/01/2025 13:16

Sospéitase sobre unha orixe intencionada do lume


TVG

Un incendio calcina parte do tellado dunha casa en Moaña sen causar danos persoais

22/01/2025 10:17

Cando se iniciou o lume só estaba unha muller na casa, que puido saír, e ela mesma alertou os servizos de emerxencias ao ver as lapas

Etiquetas:  INCENDIO

Soben a 76 os mortos no incendio dun hotel nunha zona de esquí de Turquía

21/01/2025 10:53

O lume comezou sobre a 03:30 hora local (00:30 GMT) nun hotel de 12 plantas, construído en madeira, no centro de esquí de Kartalkaya, a unha altura de 2.200 metros

O hotel, de 161 cuartos, tiña unha ocupación próxima ao 90 %, debido a que estes días son as vacacións escolares de inverno en Turquía

Categorías:  Sociedade   Mundo   Sucesos
Etiquetas:  TURQUÍA   INCENDIO

Arquivo

Atendidas seis persoas en Vilanova e na Coruña por accidentes domésticos

21/01/2025 09:36

Tres veciños de Vilanova tiveron que ser atendidos no hospital do Salnés por inhalación de fume ao se lles incendiar a lavalouzas

Na Coruña, a mala combustión dun electrodoméstico deixa tres persoas intoxicadas


TVG

Arde un alpendre en Chantada, próximo a unha granxa, sen causar danos

20/01/2025 13:58

No operativo participaron Protección Civil, os bombeiros de Chantada, a Garda Civil, Urxencias-061, Augas de Galicia e a Policía Local


Un bombeiro traballa no incendio de Belgrado, Serbia (REUTERS/Djordje Kojadinovic)

Morren oito residentes no incendio dun fogar de anciáns en Belgrado

20/01/2025 12:29

As autoridades cren que foi intencionado


FOTO: Bombeiros de Boiro

Controlado o incendio declarado nunha planta de reciclaxe en Lousame

19/01/2025 19:45

As lapas queimaron chatarra almacenada ao aire libre dentro das instalacións


Imaxe do desaloxo dalgúns dos veciños afectados polo incendio

Desaloxan varios edificios de Santiago pola aparición dun proxectil nunha casa durante a extinción dun incendio

19/01/2025 09:10

O lume declarouse nunha vivenda da rúa Agra da Garrida, e non hai que lamentar feridos

Os bombeiros tiveron que intervir tamén noutro incendio declarado nunha vivenda da rúa do Preguntoiro


Investigan a aparición dun cadáver en Redondela dentro dun coche calcinado

18/01/2025 11:30

O vehículo apareceu queimado nunha zona de monte da parroquia de Trasmañó

Categorías:  Sucesos   Redondela
Etiquetas:  CADÁVER   INCENDIO

Morren uns 30.000 polos no incendio dunha explotación avícola de Santa Comba

18/01/2025 09:15

O lume declarouse de madrugada e por fortuna non chegou ao depósito de propano nin á vivenda situada a carón

Categorías:  Sucesos   Santa Comba
Etiquetas:  INCENDIO

Cinco anos de cárcere para un home que mollou a súa casa con gasolina para matar a súa parella

17/01/2025 14:12

A Audiencia Provincial de Pontevedra ve probado que o home prendeu lume co combustible para causar un incendio mortal

 O tribunal imponlle ao home a condena de prisión e unha indemnización á vítima de 3.200 euros, por un delito de homicidio en grao de tentativa


Europa Press

Falecen dous irmáns e outro está grave tras incendiarse a vivenda en Santander

17/01/2025 11:28

O lume declarouse nun dos pisos superiores do inmoble 

As vítimas son un home de 76 anos e unha muller de 78

O ferido, que permanece na UCI con intoxicación grave por monóxido de carbono, ten 61 anos


Os catro contedores afectados/Consorcio contra Incendios e Salvamento da Coruña

Catro contedores arden en Ribeira e danan as xanelas dunha vivenda e un poste telefónico

15/01/2025 10:44

O incidente ocorreu en Aguiño e ao lugar acudiron bombeiros do parque provincial de Ribeira


Protexer unha vivenda do lume pasa por eliminar os materiais combustibles na construción

14/01/2025 21:10

Materiais de construción, deseño de fachadas. As características dunha vivenda ou edificio poden
Etiquetas:  INCENDIO

O garaxe incendiado en Bertamiráns (Ames)

Sacan dez coches retidos no garaxe de Bertamiráns incendiado hai 19 días

14/01/2025 14:04

No interior do garaxe permanecerán os dous turismos das prazas en que se iniciou o lume para tratar de dar coa orixe do sinistro


Investigan as causas dun incendio que causou importantes danos nunha vivenda de Paderne

14/01/2025 13:25

A pesar da aparatosidade do incendio non se rexistraron feridos

As lapas alarmaron os condutores que circulaban pola AP-9


Un incendio destrúe parcialmente o Planetario de Pamplona

14/01/2025 13:15

Cando se iniciou as instalacións permanecían pechadas, polo que non hai que lamentar danos persoais


Evacúan unha casa en Tomiño por causa dun incendio no garaxe da vivenda

14/01/2025 09:48

Os bombeiros tardaron tres horas en conseguir controlar a situación e apagar o lume

Etiquetas:  INCENDIO

Graves incendios na provincia de Ourense cunha vítima mortal

13/01/2025 14:28

Nos últimos meses tiveron lugar na provincia de Ourense varios incendios con graves consecuencias tanto persoais, cunha vítima mortal e cun ferido, coma materiais 


A condenada, de 53 anos de idade

Condenada a tres anos de prisión polos incendios que cercaron Verín en agosto de 2022

13/01/2025 11:42

Os dous incendios orixinados os días 3 e 4 de agosto de 2022 na zona de Verín causaron grande alarma tras queimar case un milleiro de hectáreas, en condicións climáticas extremas e chegando a unha vintena de focos

O Ministerio Público reclama 532.655,42 euros pola actuación dos servizos de extinción da Xunta


O Club de Remo da Pobra xa ten unhas instalacións provisionais

12/01/2025 14:15

 Portos de Galicia puxo a disposición do club unha nave baleira nas instalacións portuarias da Pobra

No incendio que sufriu a nave do club o 5 de xaneiro só se salvou unha das 27 embarcacións deportivas que tiñan


Un avión bota retardante nas Woodland Hills. REUTERS/Ringo Chiu

Aumenta a dezaseis a cifra de persoas falecidas na vaga de incendios dos Ánxeles

12/01/2025 08:15

Os lumes arrasaron polo menos unhas 15.000 hectáreas e destruíron máis de 12.000 estruturas, incluídos vehículos

O incendio de Palisades, o máis devastador, avanza cara ao leste. onde hai barrios residenciais moi poboados


Unha das casas queimadas na vaga de lumes. REUTERS/Carlos Barria

Os incendios dos Ánxeles deixan polo menos 11 persoas mortas e 13 desaparecidas

11/01/2025 18:46

California duplica número de membros da Garda Nacional para combater os incendios

Xa arderon máis de 14.000 hectáreas e as autoridades evacuaron 153.000 persoas

A causa segue a ser unha incógnita pero non se desbota ningunha hipótese


Un home de 82 anos queda sen casa en Xinzo ao arder nun incendio fortuíto

11/01/2025 11:01

O dono, que estaba dentro, tivo que ser atendido por inhalación de fume

Un curtocircuíto puido orixinar o lume que calcinou o 90 % da vivenda


Os bombeiros actúan nun edificio comercial de Eaton calcinado. REUTERS/Fred Greaves

Avanza o control dos incendios dos Ánxeles, que deixan polo menos once persoas falecidas

11/01/2025 08:21

Catro días despois de iniciárense os lumes, o nivel de destrución que alcanzou a cidade das estrelas supera as 12.000 edificacións

A xefa do Departamento de Bombeiros asegura que houbo un recorte millonario que afectou á súa capacidade de acción


O incendio foi sufocado por un amplo operativo/EFE

Extinguido tras doce horas o incendio de Tui que obrigou a desaloxar varios edificios

10/01/2025 10:35

O incendio iniciouse nun garaxe, que quedou totalmente estragado

Non houbo danos persoais, pero a veciñanza pasou a noite fóra dos seus domicilios


Un incendio nun garaxe obriga a desaloxar tres edificios en Tui

09/01/2025 21:50

Aos bombeiros do Porriño e Ponteareas sumáronse os de Valença, que evacuaron unha muller de 90 anos cun camión guindastre e trasladárona ao hospital intoxicada polo fume

Ao parecer as lapas comezaron nun dos vehículos aparcados no garaxe


Casa ardendo no barrio de Pacific Palisades, Os Ánxeles. Reuters / Mike Blake

Numerosas estrelas de Hollywood perden a súa casa polos incendios nos Ánxeles

09/01/2025 17:23

O incendio afectou a algúns dos famosos residentes na cidade, como Jamie Lee Curtis, Billy Crystal, Ben Affleck, James Woods, Mark Hamill ou Guillermo del Toro


Os incendios en California deixan dous mortos e 80.000 persoas evacuadas

08/01/2025 20:26

O vento sopra con forza de ata 160 quilómetros por hora nalgunhas zonas

O gobernador de California ordenou a despregadura de 1.400 efectivos para combater as chamas e dos reservistas da Garda Nacional

Os Ánxeles declara o estado de emerxencia por incendios, con 30.000 evacuados

Categorías:  Sociedade   Mundo   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   INCENDIO

Un incendio nun piso do Milladoiro obriga a desaloxar e confinar uns 25 veciños

07/01/2025 19:16

Ardeu un cuarto por completo e varias estancias víronse afectadas polo fume


Cuberto incendiado en Moaña (TVG).

Incendios sen feridos nunha vivenda en Cangas e nun cuberto en Moaña

07/01/2025 12:01

No domicilio cangués ardeu a leña gardada para a cheminea e no pendello de Moaña as lapas calcinaron dúas motos e maquinaria agrícola


Falece unha muller no incendio dunha vivenda en Oleiros

06/01/2025 19:01

O suceso foi na rúa do Xuncal

Parece que a vítima morreu a causa da inhalación de gases

Etiquetas:  INCENDIO

Un incendio devora o Club de Remo da Pobra do Caramiñal

06/01/2025 01:20

O lume foi xa extinguido tras provocar importantes danos nas instalacións e estragar embarcacións e material náutico  

Os bombeiros de Ribeira e Boiro conseguiron evitar que as lapas chegasen ás casas e a unha gasolineira próxima

Un fallo eléctrico podería ser a causa do incendio


Dous adultos e unha nena hospitalizados tras o incendio da súa casa en Ponteareas

04/01/2025 13:27

Os tres foron hospitalizados por inhalación de fume, segundo informa o 112 Galicia

O incendio produciuse contra as 4:30 da madrugada no lugar de Eido Vello, na parroquia de Ribadetea


Reaviva de madrugada o incendio dun edificio en Bueu

02/01/2025 14:07

O alcalde e a aparelladora visitaron este xoves o edificio, e axiña haberá avaliación de danos

Publicidade
Publicidade