Greenpece desprega unha lona en Madrid cos candidatos "suando" polo cambio climático
Os activistas de Greenpeace, que colocaron a lona en plena vaga de calor

Activistas de Greenpeace despregaron unha lona na emblemática Porta de Alcalá de Madrid na que preguntan aos principais candidatos á presidencia do Goberno Pedro Sánchez (PSOE), Alberto Núñez Feijóo (PP), Santiago Abascal (Vox) e Yolanda Díaz (Sumar) se llela "súa" o cambio climático.
Grazas á intelixencia artificial, na lona vese os catro adversarios políticos "suorentos e queimados", sufrindo na súa pel algúns dos impactos do cambio climático, como son as altas temperaturas que actualmente padecemos.
"O cambio climático súavola?", reza baixo a imaxe, na que os dous candidatos de dereitas aparecen sorrindo e os dous de esquerdas con xesto serio.
Os activistas de Greenpeace, que colocaron a lona en plena vaga de calor e a poucos días da xornada electoral, levan carteis co lema "vota polo que máis queiras".
