Publicador de contidos

Publicador de contidos

Heurtel chega á Coruña para cambiar a dinámica perdedora do Leyma

Heurtel chega á Coruña para cambiar a dinámica perdedora do Leyma

A estrela francesa aterrou en Alvedro e estará para debutar o vindeiro sábado contra o UCAM Murcia

G24.gal 13/01/2025 12:58

O escolta francés Thomas Heurtel xa está na Coruña. Disposto para poñerse ás ordes de Diego Epifanio e tentar sacar o Leyma Coruña da crise de resultados na que está sumido e que o levou ata a última posición da Liga ACB. 

O venres pasado saltou a bomba da fichaxe dun xogador de recoñecido prestixio internacional acostumado a xogar nos mellores equipos de Europa e cun papel importante nos títulos que acadaron Real Madrid ou Fútbol Club Barcelona. Heurtel tamén pasou por Baskonia, Efes de Istambul, Villeurvane ou Zenit de San Petesburgo. 

Nun principio estaba comprometido co Barcelona pero a negativa dunha parte da afección á súa fichaxe -marchara para o Real Madrid logo de finalizar dun xeito polémico a súa estadía no Barça- provocou que rachara o acordo. O Leyma Coruña estivo rápido e convenceu a un xogador de primeiro nivel para enrolarse nun club que pelexará pola permanencia na categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos