Cargando resultados...
Hospitalizado un neno de ano e medio que caeu á piscina familiar nas Neves
Os pais conseguiron reanimalo antes da chegada dos equipos de emerxencia

G24.gal
19/02/2022 20:59
Un neno de ano e medio caeu á piscina familiar no lugar da Estación, no concello das Neves. Foi rescatado polos seus pais que conseguiron reanimalo practicándolle as manobras de reanimación cardiopulmonar.
Cando chegaron os equipos de emerxencia o meniño estaba xa consciente, pero aínda así foi preciso trasladalo ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.