Cargando resultados...
Hoteis cheos en Vigo polo congreso de urxencias SEMES
Trátase do seminario de médicos máis importante de España, no que participarán 3.500 sanitarios
G24.gal
07/06/2022 15:09
Última actualización 07/06/2022 15:58
Os hoteis necesitaban este balón de osíxeno. Primeiro tomaron aire con Navalia e agora chega o congreso SEMES, o máis importante de España sobre medicina de urxencias e emerxencias. En Vigo xa non quedan cuartos. Non só os hoteis se beneficiarán do congreso. Tamén comerciantes e hostaleiros.
O Auditorio Mar de Vigo prepárase para recibir os 3.500 sanitarios que se darán cita dende mañá e ata o venres no congreso. Estarán os médicos más relevantes a nivel nacional. Dende a organización calculan que o impacto económico en Vigo pode ser de 8 millóns de euros. En Galicia o turismo de congresos volve con forza para alivio do sector.