Cargando resultados...
Empeza a atención presencial para facer a declaración da renda
Hai que pedir cita previa, por teléfono ou Internet
Só para rendas por traballo inferiores aos 65.000 euros

G24.gal
01/06/2022 11:30
Desde hoxe, xa se pode facer a declaración da renda de xeito presencial. Só se atenderá nas oficinas da Axencia Tributaria con cita previa, que se pode pedir por teléfono ou Internet, e se o contribuínte dispón de rendas de traballo inferiores aos 65.000 euros.
A campaña, coma todos os anos, remata o 30 de xuño.