Identifican en Almería os tripulantes dun veleiro por disparar contra un grupo de candorcas
Os pasaxeiros dun buque de avistamento gravaron en Tarifa indignados a escena cos seus móbiles
A Garda Civil localizou a embarcación implicada en El Ejido
Axentes da Garda Civil identificaron os tripulantes do catamarán que efectuaron os disparos a unha candorca na zona do Estreito de Xibraltar.
A investigación comezou tras coñecer polas canles internas "nun vídeo que se fixo viral nas redes sociais", que os ocupantes do veleiro realizaban disparos contra o animal.
Os axentes da Garda Civil rexistraron o catamarán no porto de Almería, aínda que non localizaron ningún explosivo. O Seprona abriu unha investigación para determinar se os feitos son constitutivos de delito, xa que as candorcas son unha especie protexida segundo a lexislación española.
A tripulación, que está a dar a volta ao mundo, recoñece os feitos e amosou colaboración para facilitar todo tipo de documentación e rexistro do barco. Nas imaxes observase como os cetáceos saen á superficie para interactuar coa embarcación e, de súpeto, efectúanse disparos desde ela co que semellan ser proxectís de aire comprimido que impactan na auga.