Ilaix Moriba ábrese ao celtismo
O mediocentro fala da súa paixón polo fútbol e de que o motiva no día a día
Tamén trata temas como a súa familia, e desvela cal é o seu prato preferido

Ilaix Moriba fala del e mostrase ao celtismo nun vídeo que publicou o Celta nas súas redes. O guineano explica cal é a súa motivación co fútbol, fala da grande importancia que ten a súa familia na súa vida e do arroz de súa nai, o seu prato favorito.
O mediocentro explica o rápido que se xestionou o seu traspaso e no fácil que foi a súa chegada ao club no seu primeiro día, coñecendo a Claudio Giráldez e aos seus compañeiros. Tamén confesa que o fútbol e a súa vida, porque lle da de comer a el e á súa familia.
Con imaxes do recoñecemento médico e dos primeiros momentos de Ilaix Moriba no club, o xogador mostra a súa inquedanza por coñecer Galicia, e o seu desexo de triunfar no Celta e de axudarlle ao equipo.