Publicador de contidos

Publicador de contidos

Impoñen 22 anos e medio de cárcere ao home que asasinou a parella do seu curmán en Velle

Impoñen 22 anos e medio de cárcere ao home que asasinou a parella do seu curmán en Velle

O xurado popular considerouno responsable de dous delitos de asasinato con aleivosía, un deles consumado e outro, tentado, concorrendo a atenuante de alteración psíquica

EFE/ Brais Lorenzo EFE/ Brais Lorenzo
G24.gal 27/11/2024 16:04

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, de conformidade co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 22 anos e medio de cárcere o home que matou unha muller de 22 anos e feriu de gravidade ao seu noivo, de 25 anos, curmán do acusado, en Velle, en febreiro de 2021.

O xurado popular considerouno responsable de dous delitos de asasinato con aleivosía, un deles consumado e, o outro, tentado, concorrendo en ambos os casos a atenuante de alteración psíquica, posto que o procesado sofre, desde os 18 anos, unha esquizofrenia do tipo paranoide.

En concepto de responsabilidade civil, segundo o fallo facilitado este mércores á prensa, deberá abonar un total de 150.000 euros a cinco familiares das dúas vítimas e 325.000 euros ao seu curmán.

A maxistrada indica na sentenza que o tribunal do xurado entendeu acreditado que durante a madrugada do 19 de febreiro de 2021 o home, "coa intención de acabar coa vida do seu curmán e da súa parella", colleu un coitelo na súa vivenda e díxolle á súa nai que se ía a matar coellos.

A continuación, dirixiuse ao domicilio do seu familiar, situado nunha leira contigua, e a berro de "abre, abre", este abriulle a porta. Tras o cal díxolle "vouvos matar", para despois abalanzarse sobre el e, "eliminando toda posibilidade de defensa", cravarlle un coitelo repetidamente por diversas partes do corpo.

Nese momento, segundo consta no fallo, fixo acto de presenza a parella do seu curmán, quen lle dixo ao condenado "déixao, xa está morto", a pesar do que o acusado "lonxe de cesar na súa actitude" arremete contra ela asestándolle dúas coiteladas profundas en pescozo e tórax, para continuar propinándolle "múltiples cortes por todo o corpo que lle provocaron unha hemorraxia aguda grave e a morte".

Para o tribunal do xurado popular e para a maxistrada, o día dos feitos o trastorno psicótico do tipo esquizofrenia paranoide "limitaba levemente a súa capacidade de entender e actuar de acordo a tal comprensión", pero rexeitan a apreciación doutras formas de atenuación máis cualificadas ou de eximente incompleta ou completa como solicitaba a defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade